Bos días a todos! Pois hoxe adicámonos a "confeccionar" o apartado de Evaluación mediante o cal,os nenos coñecerán os criterios que seguiremos á hora de calificar os seus proxectos. Procuramos,con isto que os nenos coñezan os aspectos máis importantes e qué factores pretendemos potenciar con esta actividade co fin de que eles os reforcen á hora de elaborar o traballo.
Os puntos claves que trataremos de tratar con este proxecto son a capacidade organizativa e cooperativa dos nenos á hora de traballar en grupo, a actitude destes respecto ó traballo,a calidade e presentción dos murais elaborados polos pequenos e a exposición destes últimos ós seus compañeiros xunto con breve resumo explicativo do tema que abordaron. É neste ultimo punto onde pretendemos integrar as TIC,ademais de entrar en contacto ó longo de todo o proceso(xa que ó tratarse dunha WebQuest manexarán todo mediante o ordenador) será na presentación dos traballos onde poderán demostrar as dúas destrezas a hora de realizar un Power Point.
En resumo,o aparto de evaluación dunha WebQuest recolle aqueles criterios que seguirá o profesor á hora de avaliar a actividade realizada polos alumnos. Estes son os nosos,que vos parecen?
Un saúdo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario